Clases

Seica a sociedade dividíase en “clases”, aínda que con diferentes nomes, segundo as condicións imperantes. Por unha banda, a clase baixa, proletarios, obreiros, traballadores, asalariados, empregados e outros. Por outra banda, a clase alta ou acomodada, aristócratas, burgueses, grandes empresarios, banqueiros e outros. Despois apareceu a clase dirixente e os dirixidos que eran todos os demais. E tamén a clase media e as subclases, media alta e media baixa. Os avances científicos e tecnolóxicos provocaron cambios e as crises económicas, fixeron desaparecer as clases medias. No que atinxe á clase dirixente, se ben non desapareceu, está a ser “invadida” polos “dirixidos”, sen que pareza beneficiar moito aos da parte baixa. Actualmente parecen existir só dúas clases: os pobres e os ricos, subdivididos os primeiros en, máis pobres e menos pobres e os outros, en ricos, máis ricos e, noxentamente ricos. E o mundo, imparable, segue a dar voltas día tras día. Ata que estoupe.

Clases

Te puede interesar