Centenario racinguista

Por mor do temporal, non se puido xogar o partido Racing - Sevilla, como lembranza da final da Copa de España do ano 1939. Coido que é unha celebración ben merecida, por tratarse dun club que levou por toda España o nome de Ferrol. Nembargante xa se celebrara un acto organizado polos entusiastas do Cí­rculo Racinguista, que me invitaron a participar na plantación dun carballo, simbolizando a esperanza de moitos anos máis para o racinguismo. Naquel intre, lembrei intensamente a meu pai, fundador, xogador, ás veces entrenador, directivo e, ata que morreu, conserxe do equipo dos seus amores, traballo no que involucrou a toda a familia, empregando entre todos, máis de cincuenta anos ao servizo dese club. Superado pola sorpresa e a emoción, non fun quen de expresar daquela o meu agradecemento aos rapaces do Círculo, porque en casos así o normal é que, da xente humilde non se lembre ninguén; eles lembraronse e quixeron salientar esa traxectoria. Desde aquí­, mándolles agora unha forte aperta racinguista. Aupa Racing!!! 

Centenario racinguista

Te puede interesar