Candidatos

Falta case un ano para as eleccións e xa comezou a carreira para os candidatos nos concellos. En Ferrol parecen estar as cousas moi adiantadas, pois nalgúns partidos xa se supón quen serán os nº 1 e noutros sábese quen non será. Neste último caso está o PSOE, pois non será Beatriz Sestayo a cabeza de lista. Isto víase vir despois da batalla que tivo que soportar dentro do seu partido. Incluso podería suceder que deixara a política, pois xa aguantou moito máis do que a unha persoa normal se lle pode esixir. Como política coido que a señora Sestayo era unha persoa moi capaz, traballadora incansable e moi accesible para a xente humilde. Era o inimigo a bater para o PP e os seus “forofos”, que a tiñan sempre no punto de mira. Algo así como o que lle pasou a Xaime Bello, (BNG) un home moi capaz, serio e traballador, ferozmente combatido polos mesmos. O señor Bello foise e agora irase a señora Sestayo. “Eles” gañan e Ferrol perde. Mágoa de ferroliño! Penso eu, claro. 

Candidatos

Te puede interesar