Cadeneta

Segundo os dicionarios, a cadeneta é a parte máis tupida dunha rede; pero tamén é o tecido que se fai con fío para comezar calquera labor cunha agulla de ganchiño. Ata aquí todo é coñecido e aceptado; mais hai outro tipo de cadeneta non recollido nos libros, porque é un invento das empresas ou as entidades, públicas ou privadas, que consiste en encadearte no teléfono, se tes a mala sorte de ter que chamar, por algún problema. A cadeneta telefónica consiste nunha serie de números que debes escoitar con paciencia. Supoñamos que chamas ao médico. Despois do saúdo inicial e de avisarche de que van gravar a conversa,  comeza a cadeneta: Se lle doe un pé, prema 1; se lle doe unha man, prema 2; se lle doe a gorxa, prema 3; se lle doe o peito, prema 4; se lle doe... O problema é  que ao pobre usuario ás veces dóenlle xa tantas cousas que colga o teléfono maldicindo as novas tecnoloxías e a quen as utiliza para martirizar á pobre xente. Porque amolar, amólante, non si?  

Cadeneta

Te puede interesar