Cábalas

O s analistas políticos andan a facer cábalas sobre a duración deste recén nacido goberno; a maioría, expresan o seu desexo en consonancia coa súa ideoloxía política; mais son poucos os que estudan seriamente as posibilidades de entendemento entre dúas tendencias en principio tan diferentes, pois que unha amósase partidaria da evolución controlada e a outra preconizaba a rotura total do sistema. Desde o meu inconsistente punto de vista, coido que a coalición ten moitas posibilidades de acadar o fin do mandato, pois terán que ser conscientes de que só con humildade e apoio mutuo, poden manter unha situación que, posiblemente, ningún dos que forman o goberno, volverá a ter a oportunidade de disfrutar, se non conseguen levar adiante, contra o vento e a marea da oposición, unha boa parte das medidas anunciadas. En calquera caso, hase saber se é posible un entendemento que, antes non se puido acadar, pola soberbia dalgunha das partes. Oxalá dure, polo ben de todos.

Cábalas

Te puede interesar