Baróns

on sei o por que de chamarlles baróns aos “pesos pesados” dos partidos políticos, a non ser para distinguilos dos militantes de base. Supoño que será o xeito de incluílos na lista dos, tamén denominados “casta”. Por certo que, tanto a categoría de “barón”, como a de “casta”, acádanse despois de grandes servizos aos respectivos partidos, que non por servir ao país ou aos cidadáns en xeral. Sendo así, sorprende que desde un partido político se fagan chamamentos aos baróns doutros, pedíndolles a súa intervención para marcarlle o camiño a aquel que, de momento, está nunha “escala de mando” superior. No caso do PSOE, os definidos como baróns, deberían se preocupar por ese chamamento á rebeldía desde a dereita, pois semella que son considerados máis próximos ás ideas “regresivas”, que ás “progresistas” do actual goberno. Se eu fose un deses “baróns”, protestaría enerxicamente por semellante intento de desprestixio. Mais seica en política, case todo vale, ou non é? 

Baróns

Te puede interesar