Así non se pode

Opanorama actual da política parécese ao conto aquel, dun mecánico xove, que traballaba nunha fábrica, na que había una máquina que funcionaba moi mal. Malia a súa pouca experiencia, pensou que el podería amañala e convenceu a outros operarios tamén novos, para que lle axudasen. Coidaba que sería abondo con “apertarlles as clavixas” a algunhas das partes máis importantes da maquinaria e substituír certas pezas vellas e enferruxadas. Procurou a ferramenta axeitada, e comezou a apertar a destra e sinistra. Ao comezo da tarefa, parecía que a reparación ía por bo camiño, pero non calculou o perigo de desmontar de vez todas as pezas, no canto de ir cambiándoas aos poucos. Dese xeito, a máquina empeorou e os compañeiros comezaron a cuestionar o seu método, creándose un malestar que provocou o abandono dos máis destacados. Agora a cuestión é, se o xove mecánico se dará conta de que así non se pode. Porque a mecánica tamén ten o seu xeito de facer as cousas. Ou non?

Así non se pode

Te puede interesar