Arredor da ría

Estase a comentar a escasa produción marisqueira da nosa ría, cunha forte repercusión sobre os ingresos daquelas familias que viven do seu traballo nesas actividades. Seica a inversión destinada a rexenerar os bancos produtivos, non está tendo o resultado desexado; seica está encargado un informe, a través do Centro de Estudos e Experimentación, para coñecer as causas desta baixa produción e, seica a culpa é dun determinado parasito. Eu non sei se haberá algunha iniciativa para comprobar se terá algo que ver o enfriamento da auga. Lembro que noutras rías, houbo problemas a causa da perda de salinidade pola moita auga doce aportada polas chuvias. E xa que logo, non é posible que haxa un cambio importante nas condicións de temperatura  e salinidade da ría? Sobre todo tendo en conta que o espigón do porto exterior pode minguar a normal incorporación da auga exterior. A cuestión é: Hai ou non hai enfriamento? E, se o hai, por que se produce? Mais parece que ese asunto é un tema tabú, non si?  

Arredor da ría

Te puede interesar