Apropiación

Seica en política, a táctica nos conflitos internos dun país é, apropiarse dos símbolos por parte dun dos bandos. Lembro aquela idea de Santiago Carrillo de “non permitir que a Dereita se apoderase da bandeira española”. Pois iso é o que fan os independentistas, apropiándose dos símbolos de todos os cataláns. Utilizaron as Institucións, a bandeira e o himno para diferenciarse e apartar aos que non comungaban coas súas ideas. Apropiáronse tamén dos sentimentos e da linguaxe: Demócratas nós; os demais fascistas. E o colmo foi, tentar apoderarse tamén dos sentimentos antifranquistas, como se fosen eles mesmos, quen sufriron a perda de seres queridos, a persecución, a marxinación e a fame. Pero iso eu non llelo admito, porque habería moitos cataláns que loitaron e morreron polas liberdades; mais estes de agora, coido que non son os que aturaron a terrible represión dos anos trinta e quedaron sen traballo, sen pan e sen teito. Xa que logo, a cada un o seu. Non si?  

Apropiación

Te puede interesar