Anunciación

Coido que non collería por sorpresa a ninguén, o anuncio da presentación da candidatura do sr. Rey Varela para a alcadía de Ferrol, pois era algo que se vía vir tras a intensa campaña que lle fixo a Xunta, na Consellería de Política Social, pois era raro o día que non aparecía nos medios como protagonista dalgún acto. Mais o que si sería sorprendente para moitos, foi a anunciación da renuncia de don Alejandro Langtry ao seu cargo de concelleiro e, a súa saída do PP, tras unhas duras declaracións, desilusionado e denunciando o abandono dos intereses da cidade, a prol de intereses persoais ou partidistas dos políticos “populares”. Non era de esperar esta “espantada” dun home que, parecía estar na política por vocación e interese en mellorar a cidade, e que demostrou seriedade, dedicación e capacidade, tanto de Delegado de Facenda. no goberno, como na oposición. Coa súa marcha, o PP queda sen un colaborador importante, e Ferrol perde un bo valedor. Digo eu, claro.

Anunciación

Te puede interesar