Aleluia!

Os veciños de Recimil xa podemos estar tranquilos e contentos, porque o Candidato do PP, o sr. Rey Varela, desta volta non prometeu (aínda), a derruba das “Casas Baratas”, e propón a rehabilitación. Seica algún espírito “máis ou menos santo”, insufloulle un sopro de arrepentimento pola súa teima da derruba durante tantos anos, pois que no 2011, “seguía considerando el derribo y la construcción de un nuevo Recimil como la mejor solución”. E iso, despois de que a Xunta de Galicia por unanimidade, (21/6/2006) e o Concello de Ferrol, a proposta do PP, (29/6/2006) aprobasen a rehabilitación e renovación urbana de Recimil. Confeso que o sr. Rey non é o meu candidato preferido, aínda sabendo que os hai peores. De calquera xeito, se volvese a ser alcalde e cumprise o prometido, daríalle o meu voto para as próximas. Pero agora non, que non serei moi espabilado, pero parvo de todo non son. Respectando a quen pense o contrario, por suposto. Así pois, todos contentos. Aleluia!

Aleluia!

Te puede interesar