Adeus, Alberto

xornal tróuxome a nova do falecemento de Alberto Langtry, un ferrolano dos bos, non só por nacemento, senón pola seu notable “ferrolanismo” Nas poucas ocasións nas que coincidimos, intercambiamos recordos sobre temas da cidade, especialmente de fútbol, pois que o seu pai, James, como o meu pai Alfonso, foron dos primeiros xogadores do noso vello Racing. Coñecímonos cando a publicación do daquel libro “Recuerdos del viejo Racing”, polo que se interesou en acadar varios exemplares, que enviou a uns familiares no Reino Unido. Gardaba algúns recortes de comentarios futbolísticos que me entregou e que, aínda, conservo co resto dos documentos. Lembro o seu interese por todo o ferrolán e lembro tamén que unha noite, na rúa Galiano, cantamos xuntos coas “rondallas” das Pepitas. O seu pasamento é unha gran perda para os seus, aos que quero enviar a miña condolencia. Eu quedo tamén un pouco mais só, como herdeiro daqueles pioneiros do fútbol  ferrolán. Adeus Alberto. Ata sempre.

Adeus, Alberto

Te puede interesar