Activistas

Dise vulgarmente que, “a corda rompe sempre polo máis delgado” e que, “a can fraco todo son pulgas”. Isto traducido á política quere dicir que, a xente máis pobre é a que máis sufre as trapalladas e as inxustizas dos que mandan, de xeito que se ven obrigadas a unirse, formando asociacións ou plataformas, para loitar polos seus dereitos, mediante protestas organizadas en concentracións ou manifestacións.  Pero as trapalladas e os problemas son tantos que os activistas, persoas concienciadas e loitadoras, vense na necesidade de participar en moitas. Deste xeito, cando alguén pregunta quen son os que protestan, a resposta ben sendo: “¡Boh!, son os mesmos de sempre”. A cousa ten a súa lóxica, porque a maioría son os que non se moven para nada, agardando que outros lles amañen os problemas. Por iso son sempre os mesmos. En troques, os alcaldes non son os mesmos sempre, aínda que ás veces, cando se lles leva a contraria, parécense demasiado. Digo eu, claro. 

Activistas

Te puede interesar