Acordos políticos

Está demostrado ata a saciedade, que os políticos españois non son quen de chegar a acordos que fagan avanzar ao noso país, senón máis ben parece que do que se trata é de “volver ás barricadas”. Non sei como entenderá a xente o penoso espectáculo do xuramento dos Deputad@s: cada un dixo o que lle deu a gana, nunha auténtica falta de respecto aos cidadás e con total descoñecemento da ética, da estética e da oportunidade. Para un observador neutral, coido que a situación daría unha catastrófica idea do sentido da Democracia e mesmo da educación, da nosa clase política. Liberdade de expresión? Por suposto; e tamén testemuño de mala educación, de arrogancia, de soberbia, de querer salientar o seu patriotismo e a súa Intelixencia por riba da dos seus rivais, mofándose claramente da Constitución e do seu significado. Non sei se chegarán a algún acordo, non sendo á hora de cobrar. E aínda haberá quen colla o sobre coa man esquerda e outros coa man dereita. Que peniña, verdade?

Acordos políticos

Te puede interesar