A violencia

eica o tema da violencia foi motivo de estudo de moitos filósofos, que tratan de atopar a clave ou a xustificación da violencia no ser humano, xunto coa existencia do ben e do mal. Lonxe de min a idea de me asolagar en semellantes profundidades, pois a miña vaidade non chega a tanto. Nembargante, resúltame imposible as veces, non matinar nese tema, que amosa estar presente, non só nos actos da vida humana, senón incluso na mesma esencia da Natureza, que nos castiga violentamente con máis frecuencia da que sería de desexar. Eu non sei se o temos ben merecido, polas moitas falcatruadas que lle levamos feito e que seguimos a facer, pero a cuestión é que, os sismos, os tornados, os temporais, os diluvios e demais “recados” que nos manda a “madre Natureza”, son unha mostra da realidade da violencia en todas as facetas da vida. E matinando no tema atopo que, maiormente, son os máis pobres os golpeados por esta violencia. E, a quen habería que culpar? Eu non sei, pero...    

A violencia

Te puede interesar