A miña ADN (2)

as ideas para as miñas pequenas colaboracións, xorden algunhas veces nas propias novas do xornal, que tratan das vicisitudes do día a día e que, matinando sobre elas, desde o meu ADN, danche a ocasión de expoñer a túa opinión sobre calquera acontecemento. Normalmente, os meus escritos non teñen máis repercusión que as parvadas que poda dicir un “ex-lefre bazanista”, aínda que outras veces aparecen opinións de  xente de alto nivel cultural, con importantes títulos académicos ou científicos, que veñen coincidir con algún escrito meu, publicado semanas ou meses atrás. Confeso que, en casos así, síntome recompensado do meu esforzo para tratar de manterme “na onda”, sen perder a perspectiva dun mundo no que, as cousas cambian a maior velocidade que a do seu xiro arredor do sol. Cando esas circunstancias se producen, penso que as parvadas do meu humilde traballo, as veces poden non ser tan parvas e que, a<se cadra, pode que eu mesmo non sexa tan parvo. Se cadra, claro.

A miña ADN (2)

Te puede interesar