A miña ADN (1)

para alguén sen máis títulos que o que se pode acadar na “escola da vida”, escribir nun xornal como colaborador, non é tan doado como poda parecer, pois precísase a coincidencia de varias circunstancias, como tempo libre, un xornal adoitado e un director liberal, que che ofreza total liberdade, sen censuras de ningún tipo. Unha oferta así, é difícil de rexeitar, aínda co temor de non estar á altura do compromiso. E de repente, atópaste cunha obriga na que nunca pensaras e que te pon na necesidade de atopar ideas e expoñelas, sempre coidando non repetirte nin insistir nun mesmo tema. E así, o teu humilde labor xornalístico vai descubrindo a túa ADN político – social, de xeito que vas ser etiquetado coas cores das gafas dos que te miran. E iso pódeche traer problemas cos políticos, cos amigos e mesmo coa familia, que non entende que queiras problemas aos teus anos, tendo en conta que tiven dificultades dabondo na miña xa longa vida. Pero é o que hai, non si?

A miña ADN (1)

Te puede interesar