A escola pública

eica en España levamos un considerable retraso respecto doutros países europeos, neste tema do ensino. Sen ir máis lonxe, a Historia conta as duras loitas dos ensinantes en Francia, hai algo máis de cen anos, e mesmo con enfrontamentos entre os seus diferentes sindicatos, provocados case sempre, polas súas diferenzas de clase. Tamén en España, os ensinantes da escola pública daquela época amosaban unha importante concienciación política, dentro dunha tendencia esquerdista, mentres o ensino privado estaba máis en consonancia co clero e cos niveis sociais. Nembargante, o aparato franquista da guerra “incivil”, rematou co movemento da dignificación profesional e a politización dos ensinantes das escolas públicas. Moitos daqueles homes exemplares foron “eliminados”. Era o xeito de asegurar o poder para aqueles que defendían uns intereses económicos e unha ideoloxía de dereitas, usando a Franco como instrumento. Pero foron moitos os verdugos e os culpables da desfeita. Ou non?

A escola pública

Te puede interesar