Imprimir

Una, corrupta y rota

Ivan Rivas |

Diario de Ferrol | 29 de mayo de 2018

obrarían tertulianos que cualificasen a calquera estado cunha débeda do 100% do PIB, cos sectores estratéxicos como a enerxía vampirizados por transnacionais,

obrarían tertulianos que cualificasen a calquera estado cunha débeda do 100% do PIB, cos sectores estratéxicos como a enerxía vampirizados por transnacionais, coa xustiza cuestionada polo dereito internacional, coa liberdade de expresión cercenada e co goberno dirixido por un partido corrupto como ditadura totalitaria se estes feitos acontecesen en África ou Latinoamérica. Pero estes “requisitos” non os cumpre Bolivia nin Angola, estas características definen hoxe España. 
Diante desta realidade o do “no es no” que rematou sendo si presenta unha moción de censura afirmando que non fará a mínima concesión ao nacionalismo, C´s escolle pactar co partido corrupto unhas eleccións para poder rematar aos separatistas e Podemos, máis preocupado polo seu “chalé en la sierra” vive ensimesmado nun dos seus círculos.
O Estado derrúbase política, xudicial e economicamente pero o leviatán a combater segue a ser o nacionalismo mentres en Galiza, vítimas orixinais deste marco político xerárquico xerme de todo este latrocinio xa podemos morrer de inanición que ninguén é capaz de berrar “que paren o tren que me baixo” porque la “unidad” no se toca.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/ivan-rivas/una-corrupta-y-rota/20180529002217227168.html


© 2019 Diario de Ferrol