Imprimir

Tres meses

Manuel Cendán | MANUEL CENDÁN

Manuel Cendán | 19 de agosto de 2020

asados tres meses, aqueles que estaban acosando ao goberno de Pedro Sánchez, pedían a fin do estado de alarma e que as Comunidades Autónomas asumiran a loita contra a Covid-19, agora piden o contrario. 
Sabemos que, aparte de eludir as comparecencias de Feijóo para explicar se están facendo algo ou non, a Xunta de Galicia minte nas cifras de rastreadores, así o denunciaban os propios sindicatos sanitarios. Tamén pretenden distraernos da súa ineficacia, enleando ao Delegado do Goberno, como aos propios alcaldes e policías locais que carecen, obviamente, dos recursos da administración autonómica.
Nada sabemos dos centos de profesores que, a maiores, hai que contratar como reforzo e das melloras que os centros de estudio teñen que ter para poder acoller con garantías ás nosas fillas e fillos. Feijóo debe tomar nota da petición dos alcaldes de Ferrolterra, en definitiva que exerza como presidente da Xunta.
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/manuel-cendan/tres-meses/20200818222927286556.html


© 2020 Diario de Ferrol