Imprimir

Primarias socialistas

Manuel Cendán | MANUEL CENDÁN

Diario de Ferrol | 26 de mayo de 2016

O sábado, as e os socialistas galegos cos nosos

O sábado, as e os socialistas galegos cos nosos votos en urna, elixiremos ao noso candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Pero hai quen quere montar barullo, moito barullo. E todo para intentar cuestionar o resultado final deste proceso, se non lle convén a aqueles que se proclaman de seu “barón ou baronesa” do PSdeG. O positivo deste sunami que é a crise económica social que padecemos é levar por diante todo o obsoleto, por iso intentan sobrevivir como sexa.
Ese e non outro é o motivo dos ataques á presidenta da xestora galega do partido socialista. Á vella garda das esencias do vello vazquismo (Paco e Pachi) e “confluenzas varias” queren seguir a mandar na praza galega, aínda que sexa a costa de cargarse o propio partido. É a hora da rebelión da militancia socialista, para que quén perdeu as municipais de fai un ano, non siga a mandar. Contra o barullo o mellor é encher as urnas.
 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/manuel-cendan/primarias-socialistas/20160526003555155392.html


© 2020 Diario de Ferrol