Imprimir

Ponme un 7

Iván Rivas |

Iván Rivas | 30 de mayo de 2017

En 1995 un atracador foi detido ás poucas horas de entrar nun banco

En 1995 un atracador foi detido ás poucas horas de entrar nun banco coa cara descuberta pero untada en zume de limón. Pensou que se se refregaba un limón pola cara volveríase invisible para as cámaras de seguridade.
Tras coñecer o caso os psicólogos Dunning e Kruger iniciaron un experimento no que medían as habilidades de persoas ás que despois pedían unha auto-avaliación.
A conclusión foi que as que tiñan menor competencia no traballo se sobreestimaban e as que posuían maior habilidade se infravaloraban.
A compracencia coa que o goberno analiza os dous anos de mandato só é explicable baixo os efectos do síndrome de Dunning-Kruger que supón non só que tomen decisións erradas senón que a súa propia incapacidade lles impide darse conta diso.
Nós non nos cansaremos de dicirlles que teñen a cara chea de zume de limón e que iso non os fai invisibles pero eles deberían recuperar primeiro a modestia e a ideoloxía se en algún momento a tiveron para despois definir obxectivos concretos e inmediatos co ánimo de efectivizalos.
 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/ivan-rivas/ponme-un-7/20170529235201191371.html


© 2020 Diario de Ferrol