Imprimir

Poligal

Manuel Cendán | MANUEL CENDÁN

Diario de Ferrol | 28 de febrero de 2019

Hoxe á tarde hai un pleno moi importante en Narón ás dezanove horas. Especial, porque van tratar da vida da xente, de como xogaron con elas e con eles durante moitos anos. Os xestores de Poligal nunca tiveron espírito empresarial, todo -e en primeiro lugar o seu persoal- eran números sobre un papel. Sempre buscaron beneficios rápidos, e para iso usaron todos os instrumentos legais ao seu alcance.

Hai que sentar ao Grupo Peralada co comité de empresa e buscar unha saída en favor do emprego. Débenllo ao conxunto do seu persoal, entre moitas cousas porque o seu foi un calvario prolongado durante décadas. Débenllo, o conselleiro de industria e o presidente da Xunta, porque a súa reforma laboral foi letal para os dereitos dos traballadores e para a economía deste país. 

Hoxe defender a esta comarca e a Galicia ten nome propio, o de cada traballador de Poligal. Non hai escusa. Poligal, futuro.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/manuel-cendan/poligal/20190227204323249731.html


© 2019 Diario de Ferrol