Imprimir

MARÍA VÁZQUEZ

Manuel Cendán | MANUEL CENDÁN

Diario de Ferrol | 16 de Abril de 2015

Hai feitos importantes como os deste último 14 de abril en Santiago

Hai feitos importantes como os deste último 14 de abril en Santiago e Miño. Onde os do PSdeG lembraron a figura da mestra republicana e socialista María Vázquez, asasinada na praia deste último concello en 1936. Lembrando a Dona María, celebran os socialistas galegos a primeira edición dos seus Premios de Igualdade.
No Miño natal da homenaxeada, comezou a xornada da man da súa secretaria local Catarina Morado, acompañada de Gómez Besteiro, Pilar Cancela e a ferrolá Eva Martínez –todos eles da executiva galega socialista– e da presidenta do PSOE, a andaluza Micaela Navarro. Parabéns.
Dous actos emotivos, cargados de memoria e de loita pola igualdade, máis tratándose dunha parte que segue agochada, porque o que aínda queda é sacar á luz o papel das represaliadas. Dobremente.
Non esquezamos que a agresión sexual era unha práctica  habitual franquista.

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/manuel-cendan/maria-vazquez/20150416003244120808.html


© 2019 Diario de Ferrol