Imprimir

Jazz na Ría reunirá en Mugardos e Ferrol aos mellores músicos galegos

REDACCIÓN FERROL | 30 de junio de 2018

O festival foi presentado onte a bordo la lancha de Mugardos | jorge meis
O festival foi presentado onte a bordo la lancha de Mugardos | jorge meis

A bordo da lancha de Mugardos, que se encargará de trasladar ao público do festival, foi presentada onte a segunda edición de Jazz na Ría, unha proposta que do 13 ao 19 de agosto permitirá gozar

A bordo da lancha de Mugardos, que se encargará de trasladar ao público do festival, foi presentada onte a segunda edición de Jazz na Ría, unha proposta que do 13 ao 19 de agosto permitirá gozar dalgúns dos mellores músicos galegos do estilo así como de bandas novas doutros territorios. A calidade artística da programación e a escolla de espazos singulares para os concertos son dous dos puntos fortes da iniciativa conxunta entre os municipios de Ferrol e Mugardos.
Os concelleiros responsables das áreas de Cultura nos devanditos concellos, Suso Basterrechea e Lola González, respectivamente, presentaron, acompañados da directora do festival, Aitana Cuétara, un p rograma que aposta polo intercambio artístico, os espazos singulares, a reflexión de xénero e o valor do territorio.
Todas as actividades son abertas e gratuítas e terán lugar en escenarios emblemáticos de ambas localidades, como o castelo de San Felipe, o Baluarte e a Praza Vella na cidade naval, e no Cantón de Cora na vila mugardesa, así como tamén nos peiraos de ámbalas dúas. Para o festival, as localizacións escollidas son tan importantes como a propia programación. Un papel fundamental xogará tamén a lancha de Mugardos, cuxo uso se quere reivindicar, e que verá reforzado o seu servizo e horarios durante os días da cita.
Obradoiro
Así mesmo, e co obxectivo de contribuír á formación jazzística dos máis novos, o festival incluirá este ano a celebración, na semana previa (do 13 ao 16 de agosto) dun obradoiro de jazz e improvisación para grandes voces pequenas que será impartido por Mapi Quintana e Maite Heres. Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, terá lugar no centro cultural Torrente Ballester.
O obxectivo é introducir aos pequenos neste xénero ou adentralos no ámbito da improvisación, entre outras cuestións. Ao remate farase un concerto-mostra do aprendido que estará enmarcado no programa do Jazz na Ría, concretamente na tarde do 16 de agosto no Baluarte.
“Neste festival, ademais dos valores culturais do jazz, destaca o atractivo turístico e a colaboración institucional”, comentou Basterrechea, que engadiu que “é un evento único que merece ser conservado e que estamos seguros de que en pouco tempo quedara consolidado dentro do panorama de festivais galegos”. Lola González, pola súa banda, celebrou a recuperación do transporte marítimo que une ás dúas localidades. Aitana Cuétara salientou a calidade artística da cita. l

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/ferrol/jazz-ria-reunira-mugardos-ferrol-aos-mellores-musicos-galegos/20180629234910230113.html


© 2019 Diario de Ferrol