Imprimir

Isto non vai

Manuel Cendán | MANUEL CENDÁN

Diario de Ferrol | 19 de abril de 2018

O tempo vaise acelerar, nun ano teremos eleccións municipais.

O tempo vaise acelerar, nun ano teremos eleccións municipais. Parece que Ferrol vai seguir na mesma senda de estes últimos anos. Onte víamos neste xornal, como por falta de xestión, están sen gastar quince millóns de euros, nunha cidade falta de cousas tan elementais como tapar fochas, rehabilitar vivendas sociais ou atender a familias en situación de risco social. E haberá desculpas para todos os gustos, pero para a cidadanía iso xa non vale.
Si, dirán que o culpable é o alcalde. Evidentemente, para iso é a primeira autoridade, pero haberá quen diga que hai bloqueo municipal e que as dedicacións exclusivas quedaron repartidas por un pacto contra natura coa dereita local. 
O certo, é que isto non vai. Que estamos ante a última oportunidade para a esquerda de limpar a súa mala imaxe, queda menos dun ano e esta fíxolle gratis o discurso a unha dereita que só ten que poñelos fronte ao espello.
 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/manuel-cendan/isto-non-vai/20180419001801223250.html


© 2019 Diario de Ferrol