Imprimir

Ferrol da Ilustración

Manuel Cendán | MANUEL CENDÁN

Manuel Cendán | 13 de febrero de 2020

o acordo entre o alcalde Ángel Mato e o conselleiro de Cultura da Xunta, para promover a candidatura da cidade a patrimonio mundial ante a Unesco, ten un gran valor de seu. 
Se ben queda moito por facer, comezando pola reformulación do órgano de xestión onde tamén hai que incluír a outros concellos, propietarios e, primeiramente, á Armada, o certo é que rompe cancelas e da idea de que si é posible crear unha cultura de acordos por Ferrol.
Hai dous anos houbo portadas coa sinatura, dos últimos cinco alcaldes da cidade, do documento “Ferrol da Ilustración, Patrimonio Mundial”. 
Aquel acto do Foro Ferrol Vivo foi presentado pola periodista Puri Rodríguez, e pola entón voceira do Foro e hoxe concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez, quen logrou poñer nos últimos anos na axenda ferrolá a candidatura. 
Si, hai moito por facer, moito que acordar. Pero, parabéns e adiante. Sumemos, por Ferrol.
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/manuel-cendan/ferrol-da-ilustracion/20200212231517274628.html


© 2020 Diario de Ferrol