Imprimir

Crónica dunha morte anunciada

Iván Rivas |

Iván Rivas | 09 de julio de 2019

Ano 2012. O Estado impón a política de austeridade sobre ás maiorías sociais co obxecto de acometer o rescate bancario tras a orxía especulativa da década anterior. As consecuencias son tan letais que hoxe seguimos a padecelas. PP e PSOE como garantes da súa aplicación temen as consecuencias electorais nos anos vindeiros que ademais son determinantes.

Ano 2014. Xorde Podemos e equilibra o costado esquerdo da política española e C´s, un partido creado para combater o nacionalismo catalán, expándese polo Estado cubrindo o flanco dereito.

2015 e 2016, anos de eleccións xerais. Tras certo desacougo constátase o cumprimento do obxectivo: o bipartidismo clásico transmutouse nun biparidismo a catro que permitiu que nos momentos de maior incerteza electoral, tras a implantación do austericidio económico, todo permaneza igual.

Ano 2019, VOX equilibra o prato dereito da balanza e pasado o Rubicón das eleccións volta ao bipartidismo clásico: a rexeneración do PSOE, Podemos é xa prescindible e como remate o desmantelamento de C´s para iniciar a recuperación do outro piar do poder político, o PP.  Mentres tanto, Catalunya escolle o seu propio camiño.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/ivan-rivas/cronica-dunha-morte-anunciada/20190708213057260221.html


© 2020 Diario de Ferrol