Imprimir

Carlos del Río, Xuntos Actúa: “Somos a esencia do Podemos do principio e non perdoamos a traizón do goberno á cidade”

Redacción Ferrol | 15 de mayo de 2019

Carlos del Río, candidato á Alcaldía ferrolana por Xuntos Actúa | d.a.
Carlos del Río, candidato á Alcaldía ferrolana por Xuntos Actúa | d.a.

Para que quede claro, Xuntos Actúa é Podemos, é Marea...?

Nós eramos inscritos de Podemos –algún aínda o é–, e formabamos parte da corrente crítica de Podemos, polo tanto pertencemos a ese espíritu de Podemos e o representamos, aínda que como formación política independente estamos fóra de Podemos. Con Marea non temos nada que ver

Son once os partidos que se presentan a estas eleccións, que expectativas teñen de cara ao 26M? Sendo realistas, canto esperan acadar?

Temos dúas enquisas internas de 200 entrevistas de muestreo que nos dan entre 1 e 3, ademáis sabemos que o PP manexa unha enquisa de 1.000 entrevistas de muestreo que nos otorgan entre 1 e 2, e existe una enquisa do IDES de 600 entrevistas de muestreo que nos da 1…todo antes de iniciar a campaña electoral, polo que a nosa esperanza realista é entre 1 e 2. A nosa ilusión sería conseguir de 3 a 4, pero ao ser un partido novo, con menos de un ano, e sen apenas orzamento, todo o que sexa acercarse ao mínimo establecido para un concelleiro será un éxito para nós.

Cal é o punto clave que diferencia ao seu partido do resto?

Somos o partido do pobo. Na nosa lista todos son traballadores, somos aquela esencia do Podemos do inicio que decía: “participa en política u otros lo harán por ti”, somos xente sencilla, somos de verdade a xente do común, somos xente que nunca estivo en política o contrario de outros partidos que se conforman de políticos profesionais, un grupo de xente común que non ten débedas con ninguén, e que ao ser municipalista non está ás ordes nin de Madrid, nin de Santiago.

Que salva e que non perdoa do goberno saínte?

A traizón, a traizón á xente que os votou, a traizón ao programa pactado, a traizón, en suma, á cidade de Ferrol.

Faga unha proposta para cada unha destas áreas: Urbanismo, Benestar Social, Economía e Cultura

En Urbanismo, compactar e unir o rural cos barrios urbanos de Ferrol, e mellorar as entradas á cidade, así como facer un mantemento das vías urbanas. 

En Benestar Social, apostamos por unha renda mínima para a xente que non ten recursos de ningún tipo, e a creación de servizos para atender á xente maior que está soa na cidade. Queremos crear una bolsa de viviendas sociais, aproveitando, por exemplo, o parque existente e desaproveitado de vivendas en Recimil, crear una reserva de traballo, –unha bolsa municipal de emprego– e de vivienda –bolsa municipal de vivenda– para mulleres que sufren violencia machista 

En Economía hai que explotar a riqueza da ría de Ferrol, creando  una bolsa de locais que potencien o comercio local dándolle saída aos locais en desuso para que os emprendedores poidan ter a posibilidade de acceder a ter un negocio sin ter que pasar polos requisitos e trabas bancarias 

Tamén hai que negociar para potenciar a construcción civil, crear unha feria internacional do marisco, axudar en todo o que sexa posible desde o Concello aos traballadores de Navantia e facer aparcadoiros disuasorios ao tempo que se peonaliza a cidade para facer un Ferrol máis amable e economicamente máis atractivo para atraer  inversión. 

No eido artístico apostamos por  facer un festival multicultural que represente toda a diversidade que existe na cidade de Ferrol e dar axudas  aos talentos creativos, así como por en marcha unha semana de exposición aberta, ao aire libre, das diferentes actividades creativas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/ferrol/carlos-rio-xuntos-actua-somos-esencia-do-podemos-do-principio-non-perdoamos-traizon-do-goberno-cidade/20190514223256256230.html


© 2019 Diario de Ferrol