Imprimir

Avancemos

Isabel Seoane |

Diario de Ferrol | 19 de marzo de 2019

De considerarmos que o uso do masculino como xénero non marcado contribúe a invisibilizar as mulleres, facer o contrario presupoño que non conduce á igualdade. Xuntas podemos acadar certos avances, pero xuntos e xuntas, ou xuntas e xuntos, ou en conxunto, seguro que moito máis. As mulleres non imos conseguir a igualdade mentres imitemos comportamentos machistas e desprecemos a aqueles que sempre estiveron nesta loita do noso lado. Tampouco refuxiándonos en guetos. Non deberían existir concellerías da muller, nin casa da muller, nin literatura de mulleres para mulleres, senón institucións que defendan os dereitos das persoas. É inadmisible a criminalización de inocuos comentarios ou comportamentos masculinos mentres se tolera que algunhas mulleres, en programas televisivos de grande audiencia, pretendan humillar ex-parellas falando do tamaño do seu pene ou das súas artes amatorias. Como feminista, reclamo a igualdade. E cando existan equipos de fútbol mixtos, os nenos se disfracen de princesiña e choren se llelo pide o corpo, pensarei que xa queda menos camiño por percorrer.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/isabel-seoane/avancemos/20190318202842251582.html


© 2019 Diario de Ferrol