miércoles 08.07.2020

Xabier P. DoCampo | “É o mundo a través da inocencia dunha nena”

 

Escritor e actor  O autor lucense, gañador dun premio nacional de literatura, presenta a súa última novela “A nena do abrigo de astracán”

 

Xabier P. DoCampo | “É o mundo a través da inocencia dunha nena”

O escritor galego, autor do libro “Cando petan na porta pola noite”, co que gañou o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, aterriza en A Coruña para presentar o seu novo libro “A nena do abrigo de astracán”.
A librería Lume acollerá este mércores a Xabier P. DoCampo ás 19.30 horas, xunto con Manuel Bragado, quenes manterán unha conversa cos asistentes ao evento, facéndolles partícipes dun coloquio sobre o libro e o motivo que lle levou ao autor a escribilo.

¿En qué se inspirou ao escribir a novela?
No coñecemento dunha nena que contaba películas á súa madrastra. Pero fóra de ahí foi a miña imaxinación a que me deu a inspiración, sobre todo ao contar unha historia que acontece nos anos 40. Esta etapa é moi inspiradora.
 
¿Como foi o proceso de creación do libro?
Foi moi longo. Foi un proceso de quince anos e medio. Hai moita reflexión e moitísima documentación. Comecei creando unha trama, pero ao longo do tempo iba cambiándoa, igual que a súa estrutura. Debido a estes cambios e a un profundo traballo de documentación, foi un proceso longo pero moi enriquecedor.

¿Cara que tipo de público está dirixida a obra?
Cara todo tipo de público, pero especialmente ao público adulto. É unha novela de 400 páxinas e ten unha temática que non creo que entendesen os nenos.

Sinala a Susana como “a nena que todo o ve”. ¿A que se refire con isto?
Susana vive nunha vila na que suceden moitos acontecementos, e ela está en medio de todos eles. O que ocorre e que cando eses mesmos acontecementos os ve un neno, o fai a través da inocencia, sempre tendéndose a ocultar en algo, e neste caso Susana o fai a través do cinema.

¿Diría que  através da inocencia infantil se coñece mellor o mundo?
O mundo se coñece grazas á inocencia dos nenos e á sabiduría dos vellos.

¿Que papel xoga o cine na obra?
O cine se mostra como a cousa máis marabillosa que nunca existiu. Grazas a el se mostra a trama da novela, hasta o punto de que cada capítulo é o título dunha película de cine.

¿Que ensinaza lle gustaría transmitir?
Que a xente fose consciente do mal no mundo, recoñecendo os nosos erros para poder arremedialos. l

Comentarios