“Efémeras” é unha das propostas que realiza a agrupación Cantometrics, na que fusiona fotografía, videocreación e música, e que dará a coñecer este venres no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, a partir das 20.30 horas.
Trátase dun espectáculo incluído na Rede Cultural da Deputación que dá continuaidade á programación municipal para conmemorar as Letras Galegas deste ano. O espectáculo adquire un ton único ao mesturar sons tradicionais en acústico coa proxección de imaxes capturadas pola cámara de Ruth Matilda Anderson na Galicia dos anos 20, unha figura á que renden homenaxe con esta peza.