Xastres

O desenvolvemento da sociedade trouxo o desexo polo bo vestir. Din que todo comezou cando houbo que adaptar as roupas militares da idade media e, máis tarde, cando isto converteuse nun sinal de identidade das clases acomodadas. Todo aquelo acadou unha herdanza cultural, produto dun traballo artesanal que paraba no máis mínimo detalle, na busca da comodidade e tamén do bo gusto. A poucos foise “democratizando”, hai quen gasta nun Iphone de última xeración, nunha fin de semana ou quen considera que vestir ben é un investimento en calidade de vida.
 

Así a xastrería é tamén arte. Combina unha necesidade práctica co deseño, a comodidade extrema e as telas mellor tratadas pola industria. De algún xeito, son a rebeldía silenciosa contra a uniformación que impoñen as grandes multinacionais deslocalizadas. Certo que cada vez quedan menos xastrerías, é un traballo que require de artesáns e fábricas especializadas. Por iso, as que de verdade son, son tan valoradas.
 

Días atrás, unha referencia no noso país como Antonaga abría as súas portas a un escollido grupo de tendas recoñecidas pola súa profesionalidade e polo seu trato ao cliente. De Galicia, participaron á ferrolá “El Dique” e da cidade da Coruña a tenda “In&formal”.

Xastres

Te puede interesar