Vox pode marcar o camiño a Feijóo

Hai algúns días o Presidente do Partido Popular europeo, o polaco Donald Tusk, afirmaba que o pacto do PP con Vox en Castela-León supoñía “unha rendición” e manifestaba a súa “tristura”. En Génova,13, sede central do PP non se dou nin un chío, aínda que non gustou.


Aínda así, creo que Tusk daba unha mostra clara de cinismo ao decir que esperaba que o pacto de PP con Vox fora “un accidente, un incidente, e non unha tendencia na política española”, cando xa gobernaron en Austria coa extrema dereita, cando no PP Europeo está o húngaro Viktor Orban, que comparte ideario con Vox e con Marine Le Pen, como xa teñen escenificado, e cando no PP Europeo está Berlusconi que ten como compañeiros de viaxe aos Irmáns de Italia e á Liga.


Vox pode marcar o camiño do Partido Popular en España e do seu novo presidente e farao si non existe unha decisión clara e rotunda do centro-dereita español de illar á extrema dereita que representa Vox. Feijóo terá que optar por fixar un cordón sanitario como o que Merkel aplicou en Alemaña ou o que siguen aplicando os republicanos franceses frente a Le Pen ou por convivir e compartir espazo con Vox. Pronto sairemos de dúbidas aínda que todo indica que as chamadas de atención de Donald Tusk quedarán en retórica e que o camiño dos populares estará ligado a unha relación constante coa formación que lidera Santiago Abascal.


Á vista está que algúns “influencers” xa comenzaron a campaña para “blanquear” a Vox co obxectivo de facer máis dixerible a aterrizaxe de Feijóo en Madrid e ao mellor ata acabamos lendo e escoitando falar dun bipartito con Feijóo e Vox …como bálsamo de Fierabrás da política española.


Non estamos diante dun xogo de poder, realmente o que está en discusión é a consolidación de dereitos conquistados e recoñecidos por unha amplísima maioria da nosa sociedade ou permitir a involución impulsada por aqueles que nunca admitiron a modernización de España e a aposta pola reducción das desigualdades sociais.

Vox pode marcar o camiño a Feijóo

Te puede interesar