Todas as previsións respecto da evolución da economía da Unión Europa a curto e medio prazo, son negativas, e é especialmente grave cando se trata de Alemaña, Países Baixos, etc. en xa que cumpren o papel de “locomotora”. Como se desenvolveu o proceso é máis que evidente, incidiu facer fronte e recuperarse dos efectos do covid, e sumouse un novo atranco por mor das múltiples sancións contra Rusia, principal subministrador da enerxía á Unión Europea. Foron uns afectos negativos non calculados pola Comisión Europea, que se agravaron a medida que se impuxeron máis sancións, coa escusa de que ao final ían conseguir o obxectivo de paralizar á Federación Rusa.
“Occidente” calculou mal a correlación de forzas real e a fortaleza da economía rusa, así como o grao de complicidade coa Ucraína do sur global, e tamén destes cunha participación tan directa do G-7 máis a OTAN na guerra, apostando pola confrontación e estendéndoa a todos os ámbitos (militar, económico, financeiro, deporte, cultura, no plano das ideas...). Na práctica ficou en evidencia que o bloque historicamente dominante non só utilizaba todos os medios contra o presunto agresor (esquecendo o incumprimento dos acordos de Minsk, os 14.000 mortos no Dombass, e que se estaba arrodeando Rusia con bases da OTAN, ignorando os compromisos á caída da URSS) senón que ademais podía facelo cando quixera, sen ningún consenso internacional. Polo tanto tamén podía realizalo máis facilmente con calquera país que non seguiran as directrices de Washington. Mesmo cos seus aliados máis próximos a última palabra sempre a ten USA.
Daquela que a postura de Turquía, Arabia Saudí, Brasil, México... varíe segundo o tema. Procurando gañar en poder e soberanía; aproveitando a conxuntura na que “occidente” non é quen de derrotar a Rusia, e ademais China dispútalle a primacía no ámbito industrial e tecnolóxico. Os “golpes militares” na África con apoio popular, os acordos entre Iran e Arabia Saudí para normalizar as relacións, etc, amosan o avance dun mundo multipolar. Esta é unha alternativa que fortalece a vía do consenso fronte á imposición, na que gañan valor as pequenas nacións ou sen estado propio. Mais, a UE segue a apostar por un papel subimperialista respecto de Estados Unidos, e como este tacticamente quere rachar o mundo en dous bloques. Mantendo así a primacía do neoliberalismo, as regras de xogo occidentais e o papel que cada país ten asignado na cadea de valor. Se os cambios os decide o imperio, repetindo erros,... hai crise para moito tempo.