Uns orzamentos discriminatorios

vendo o reparto territorial dos orzamentos do Estado nos que a nación galega foi colocada máis unha vez nun plano subalterno. Daquela que o deputado do BNG, Nestor Rego, valorase que: “Galiza estivo ausente na intervención do presidente do Governo español, sendo que abordou medidas para atallar a deriva inflacionaria e as súas consecuencias, anunciando proxectos industriais punteiros, plans de vivendas e infraestruturas con localizacións concretas noutros puntos do Estado, ou PERTEs que moverán millares de millóns, e dos que o noso País, infelizmente, vaise beneficiar máis ben pouco”.


Toda diminución na parte que nos corresponda do investimento público, polo noso peso demográfico, e sumando o atraso secular na construción de obras de infraestrutura por parte do Estado español, é unha nova manifestación da dependencia. Como se repartan os recursos especialmente o dirixidos á dinamizar a economía (como os Next Generation), non é unha cuestión puntual, tampouco secundaria (penso por exemplo na vía A Coruña-Ferrol...). Máxime cando os actuais orzamentos danse nun contexto de crise de transformación da estrutura produtiva en todo o mundo e moi especificamente na Unión Europea. Ademais o conflito coa Federación Rusa racha a cadea de valor das últimas décadas.


O deputado do BNG tamén salientou na súa intervención dous aspectos non menos importantes, ao argumentar a súa postura: “Unha abstención, que está en consonancia coa desatención do Governo español polos problemas da Galiza e que se reflicte, por exemplo, en orzamentos inxustamente cativos -como o de 2021, o máis baixo en 17 anos- e só cun 67% de execución”. O que contrasta coa execución en Madrid que atinxiu o 184% (dende onde sae o exceso do gasto?)


Existe unha dinámica nos sucesivos governos do Estado español, e unha actitude seguidista na Xunta de Galiza, que se modifica en moi poucas oportunidades. Algo que resulta evidente xa que malia a caída da ditadura, e o esperado avance co Estado das Autonomías, as tendencias negativas para o povo galego seguen sendo as dominantes (vexase a evolución demográfica, o papel da economía na cadea de valor, a emigración, o saldo negativo no investimento de capital,..). Sendo así, cando se rema contracorrente, do que se trata é de maximizar a presión. Polo tanto todo depende do grao de compromiso das institucións galegas así como daqueles/as que nos representan Madrid ou en Bruxelas,... de manter a constante mobilización dos partidos e organizacións de base, así como da actitude do empresariado,...

Uns orzamentos discriminatorios

Te puede interesar