Son unha cara

esde fai xa uns cantos anos, estamos a percibir nas nosas sociedades, condutas de odio todas elas baseadas na intolerancia, en prexuízos e en falsos estereotipos, alimentados polo xeral, por bulos mediáticos. Odiamos ao pobre, sen darnos conta de que a pobreza, é unha parte indispensábel da estrutura do sistema económico capitalista. Xeneralizamos, botándolle a culpa da súa pobreza as persoas, das cales, a maioría das veces, descoñecemos a súas realidades. Pensamos que son inadaptados, que non tomaron as decisións correctas na súas vidas, que dependen de sustancias etcétera. Máis na maioría dos casos, descoñecemos a súa historia e as verdadeiras variábeis, que nos poden indicar, o porque da súa situación actual. De onde veñen, a familia, as posibilidades que tiveron desde que naceron, se perderon o traballo, se sufriron algún shock que puido deixar pegada, si en base a isto empezaron a consumir algunha sustancia etcétera.


Porque a finalidade destes mensaxes de odio son, deshumanizar a determinados grupos, quitándolles calquera valor como persoas. Do que se trata é, de excluír a este colectivo do resto da sociedade, para que non poidan reclamar ou esixir nada do que lles corresponde.


Máis por desgraza as institucións democráticas, sen estar en mans destes bichos, tamén están a contribuír a estigmatizar á xente empobrecida. Xa non so a igrexa, que práctica caridade con obrigas e de xeito vertical.


Tamén os servizos sociais estigmatizan cando os solicitas, esixindo requisitos a hora de aliviar a situación económica, na que se atopa este colectivo No comprar determinados produtos como alcohol, como si a xente en mala situación económica fosen todos borrachos ou non teñan o dereito por estar empobrecidos, a tomar unha cervexa ou un viño coa comida ou a media tarde.


Ter que demostrar a tua condición económica, é dicir, pasar humillación ante funcionarias que nunca vistes ou cando falamos das axudas sociais, palabra que favorece a estigmatización da xente que necesita recorrer a estes servizos. De ahi que os intolerantes falen das famosas paguitas. Porque non son axudas señor e señora, son dereitos sociais. As persoas non son pobres é o sistema que as empobrece. É o sistema, o que condena nesa situación a determinada xente.


Xa para rematar, non se trata de por risgas e albergues para determinadas persoas. Tratase de por unha renda universal ao conxunto da cidadanía, que e o que están a demandar grandes economistas e determinadas ONG, xunto con dar posibilidades reais para traballar, para deste xeito, acabar co estigmatización deste colectivo. Todo o mundo ten dereito a tomar un café, ler o xornal ou levar o can á perruqueira. Tamén os demandantes dos servizos sociais ou de Caritas. Non por iso somos caras.   

Son unha cara

Te puede interesar