Triquiñolas

Xa se sabe que no eido da política de corredoira, case todo serve, dependendo da catadura moral daquel que pretende devaluar dalgún xeito ao rival a bater. Por iso emprégase calquera argucia ou “triquiñola”. O mesmo da falar do Falcón de xeito insistente, como se fose o colmo dun caprichoso luxo asiático, que mentar o gran soldo que percibe alguén sinalando a cantidade anual, porque se a din en nómina mensual, non asustaría a ninguén. Todo o mundo sabe que neste país hai soldos incribles, altísimos, “de luxo”, altos, normais, baixos, escasos e “de lixo”. E xa non falemos daqueles que nin sequera saben a contía do que menten no peto día a día, porque nos lles dan abasto “as máquinas conta cartos”. Pero diso non se fala; total para que, se a maioría da xente non temos capacidade mental para asimilar esas cifras. Pero o que si sabemos moi ben é o que son os “salarios de lixo”; e o que supón a metade dese, é dicir: simplemente “lixo”, porque de salario nada. Esmola quizáis.

Triquiñolas

Te puede interesar