O tren Alvia

Aquel terrible accidente que nos deixou encollidos de medo e dor, aínda segue dando que falar e matinar a. calquera que teña un pouco de sensibilidade, porque foron moitas as persoas afectadas dun xeito máis ou menos directo. Agora fálase das circunstancias que puideron ocasionar o desastre. Por suposto que é un tema complicado, pois en case todos estes casos nunca é un só elemento o responsable, senón unha cadea de fallos, a partir dun punto orixinario. E aí están unha velocidade excesiva, a chamada por teléfono, o despiste do maquinista e a falta de elementos de control de riscos. Mais eu coido que que a atención habería que poñela na existencia dunha curva nada axeitada para a velocidade prevista, que foi o punto orixinario da catástrofe, pois se esa curva non existise, todas as outras circunstancias non terían consecuencias. Paréceme a min, claro, ollando o tema desde un punto de vista lóxico. Claro que se trata da miña lóxica, que puidera non ser o xeito máis correcto para ver o problema...

O tren Alvia

Te puede interesar