Todas ao carón delas

Fai uns días os mass media galegos facíanse eco das palabras de Bill Gates, coas que advertía, de que o mundo vai sufrir unha nova pandemia. Ata aquí nada que obxectar. O único é que isto que nos di Gates, levanno dicindo desde fai anos científicas como Marion Koopmans, viróloga holandesa que xa o avisou no 2018 ou David Quanmen periodista e divulgador científico que xa no 2013 avisaba tamén destes perigos.

wA diferenza entre Gates e as científicas, ademais da preparación académica para falar do tema, é que as expertas non dispoñen dos altofalantes como o multimillonario americano. Porque aínda que ambos avisan do perigo, a finalidade é totalmente diferente. Mentres que a ciencia avisa de que hai que mudar o rumbo do sistema de vida do 20% da humanidade, Gates di que termos que investir máis en biotecnoloxía para estar preparados e afrontar os riscos. Biotecnoloxía na que indubidabelmente deben investir os estados, mais as empresas que investiguen deben ser privadas. Falamos como non da Big Pharma.

É dicir, igual que para a Covid-19 houbo un traspase de inxentes cantidades de diñeiro publico para estas multinacionais, algo lóxico se queriamos ter un remedio en un tempo máis ou menos corto, segundo o americano, debemos seguir mantendo a espita aberta de cartos públicos cara ao sector privado.

Agora ben de que nos devolvan os diñeiros públicos, xa que, como estamos a comprobar a gran Pharma como a Pzifer, Moderna ou Astrozeneca case triplicaron os seus beneficios, co negocio das vacinas, diso Gates nin falar. De obrigarlles a que vacinen ao mundo menos desenvolvido, como xeito de devolvernos os cartos, xa que isto repercutiría no fin da pandemia tampouco fala, de que os gobernos potencien e den unha sanidade de calidade e universal como xeito de combater a Covid-19 e outros posibeis virus, disto Gates tampouco fala.

Fai uns días as compañeiras da sanidade privada, concretamente de DOMUSVi, concentrábanse nos xulgados de Ferrol, para apoiar a varias compañeiras súas, que estaban en litixio coa empresa, xa que, esta anda vulnerando dereitos básicos das traballadoras desde fai un bo tempo.

Unha empresa privada que tanto fai estradas, constrúe campos de golf, como dedicase aos cuidados, onde nestes as nosas maiores son vistas como a materia prima e fonte de divisas. Todas sabemos como DomusVi xestiono a Covid-19. Con certeza que si non foi peor, foi polas bravas mulleres que alí traballan, que puxeron incluso a súa vida en perigo, por atender o mellor que puideron as nosas maiores.

Xa para concluír, é fulcral que o proletariado teñamos claro, que os coidados as persoas e a investigación farmacéutica, non poden ser tomados como un negocio. E por isto, debemos loitar sen tregua.

Mentres tanto na próxima protesta, todas ao carón delas.


Todas ao carón delas

Te puede interesar