Tecnoloxía

Seica hai moita xente engaiolada coas “novas tecnoloxías” de tal xeito, que o seu entusiasmo lévaos a considerarse superiores por manexar con soltura as redes (in) sociais e os sofisticados aparellos individuais de comunicación. Dun xeito inconsciente chegan a desprezar as tecnoloxías anteriores, sen as que os adiantos de hoxe serían impensables. E pois a tecnoloxía poderíase definir como o conxunto dos diferentes xeitos de aproveitar a enerxía, coido que non hai que fachendear por se comunicar cun móbil, pois xa os comanches falaban con sinais de fume e, sen presumir moito, porque primeiro se inventou o lume, fregando dous paus ou chocando dúas pedras. E de aí en diante, paréceme que poucos adiantos “tecnolóxicos” se produciron sen ter o lume e as súas infinitas aplicacións, como compoñente máis ou menos directo. Sería interminable o relato das aplicacións do lume para xerar as infinitas formas de enerxía. Non sei, pero coido que poderíamos dicir que o lume foi o principio de case todo. Penso eu.

 

Tecnoloxía

Te puede interesar