O sistema educativo en Galicia

Fai uns días nunha mesa para falar inglés de alumnas, ex alumnas ou non alumnas da EOI  de Ferrol (encomiable hai que recoñecer, o traballo das profesoras que formaron ou forman parte da escola, por dinamizar esta. É dicir darlle mais presencia e intentar, que a escola desenvólvase na sociedade ferrolá, a base de ofertar actividades culturais e doutra índole, sacrificando as profes incluso o seu tempo libre) debatíamos os erros da ensinanza de inglés na Galiza, en comparación con outros países non so europeos, senón tamén doutras latitudes. 
 

Teño que dicir, que eu descoñezo como son as ensinanzas deste idioma na actualidade, máis cando eu era neno, xa que, eu o inglés empecei a coñecelo na escola infantil e despois en todo o tramo da vella EXB, o seu aprendizaxe estaba enfocado unicamente a escritura. Nin falar, nin ler, nin escoitar, era atrévome a dicir, a norma nos colexios. Quero pensar que hoxe en dia, todo isto cambiou e que aquilo foi froito, do desastre que supuxo o nacional catolicismo na ensinanza, algo que, aínda que eu xa comenzo a estudar no berce desta suposta democracia, todo esta ideoloxía marxinal (por desgraza aínda esta presente en certos colexios, que para máis inri, subvenciónanse con cartos públicos) aínda estaba moi presente no sistema de ensinanza e na preparación do profesorado. 
 

Máis o motivo deste texto, é para falar da falta da palabra educativo neste sistema. A día de hoxe, desde fai uns cantos anos, desde a chegada do modelo económico actual, cicais desde un pouco antes, a escola está pensada exclusivamente, para a transmisión de datos ao alumnado, coa única finalidade, de que siga contribuíndo a manter o sistema establecido. As nenas e aos nenos refórzasenos continuamente en todo o tramo do aprendizaxe, para que estudemos e asi conseguir ter un bo traballo, para vivir nun bo barrio, ter unha espléndida compañeira-o, ser recoñecidas-os socialmente, ter un excelente carro, ir de vacacións a montaña ect....
 

É dicir o de ser persoa, como dicimos as galegas, isto está desaparecido do sistema de ensinanza. A ensinanza está de tal xeito ao servizo do poder, que hoxe en día, nas universidades de medicina de medio mundo, as traumatólogas se especializan unhas en operar xeonllos esquerdos e outras en xeonllos dereitos, unhas en ombros dereitos e outras en ombros esquerdos ect.... E isto está a pasar tamén noutras disciplinas. Todo para contribuír a que o sistema non pare e continúe a producir, máis e máis beneficios
 

En definitiva non se trata de cambiar soamente para educar en valores. Educar en valores por si so, non vai servir de moito. Simplemente servira para presumir a hora de abrir a boca de algo, que a maioría con certeza non aplicaran no seu día a día. Mais de isto, xa falaremos na próxima ocasión.

O sistema educativo en Galicia

Te puede interesar