Remember the fallen II

Este que esta a escribir estas liñas, tivo a sorte de elixir unha carreira universitaria, das que te abren a mente e permítenche ver un universo que moitas veces a maioría das mortais, non nos paramos a pensar, a hora de analizar certas cousas. Un na  carreira descubriu, que os homes non entrabamos dentro do pensamento da natureza, a hora de xestar a especie humana. 
 

Un erro na codificación xenética, fixo posíbel a aparición do xénero masculino. E aínda que poida haver xente, que dubide quer por descoñecemento quer por medo disto, é certo que a historia da humanidade, pon moitas veces a cada quen no seu sitio.
 

A última coa Covid-19, declarada pandemia en marzo do 2020 e fai dous días, o goberno central deu por finalizada a crise sanitaria. E digo isto, porque esta pandemia veu a reflectir, o papel fulcral que xogan as mulleres na sociedade. 
 

Se non fora polas caixeiras, as enfermeiras, as médicas, as carniceiras, as repositoras, as labregas ect..... a sociedade viríase abaixo, en menos de 15 días. Mulleres que en moitos casos tiñan o triple de posibilidades de morrer do coroa, que o resto da poboación. No caso da sanidade, as mortes nos centros privados, quer de persoal quer de residentes, foron case o 90% das mortes pola pandemia na Galiza. 

 

Centros privados como Domus Vi, leváronse a palma de mortes. Acórdanse da Josefina Fernández  presidenta de Domus Vi e Núñez Feixoo, aínda presidente da Xunta de Galiza, como dábanse loas unha a outra. 
 

E a pesar da pandemia e todo o que nos tocou sufrir, os dirixentes do PP pouco aprenderon e pouco remendáronse, a hora de cambiar o sistema. Na Galiza seguimos a ter a maioría dos nosos centros de maiores privatizados, coas mesmas políticas prepandemia, E mentres tanto, Feixoo foise a Madrid,a un Ático de 140 m2 e un sobre soldo de perto 40 mil € ao ano, nom sabemos se da caixa A ou da Caixa B do PP. Ademais do soldo de senador, soldo este último, que lle regalamos, xa que non fai ningún traballo no senado. Parece que aquilo de primeiro Galiza, Galiza, Galiza, xa nom entra nos seus planes. E non é que os demais sexan mellores, se non miren a de San Valentin, a Yolanda Diaz, política que se te xuntas con ela, en nada es un cadáver político. Outra que alguén sabe que fixo por Galiza, ou pola comarca sendo vice-presidenta.
 

Por todo isto é fulcral, que para o próximo mandato,  teñamos as galegas un grupo forte en Madrid, xa que, nestes 4 derradeiros anos, comprobamos todas e todos, como un so deputado falo de Nestor Rego(BNG), conseguiu mais cosas para Galiza, que todos os demais xuntos. E mentres tanto, non nos esquezamos, de quen nos permitiu saír da pandemia, quen nos permitiu seguir vivindo no confinamento, poñendo a súa saúde en xogo e moitas delas, pagando coa sua propia vida.
 

Remember the heroes/Remember their lives/ Remember the heroes/Remember Remember the fallen- REMEMBER THE FALLEN-.(Saxon).

Remember the fallen II

Te puede interesar