Pactar o Sánchez Aguilera

Estaría ben deixar os titulares da prensa aos periodistas e que os partidos locais fixeran, precisamente, iso: política. É dicir, diálogo e acordo. Si, Ferrol merece un pacto de cidade. E a estas alturas o futuro do antigo Sánchez Aguilera non pode seguir sendo, pouco máis, que un faladoiro de café. Quizais non veña mal lembrar que o “Convenio de Rey Varela” segue a ser o feito en tempos do alcalde Vicente Irisarri cun par de engadidos. Que seguirá a ser a administración estatal o principal inversor na reurbanización do Sánchez Aguilera e que se non fora porque é unha “herdanza” negociada polo anterior goberno local socialista, seguramente o Partido Popular nada tería. Máis tendo ao alcalde como senador nun grupo que está radicalmente enfrontado ao goberno de coalición progresista de España. E todos sabemos dos cambios de cor política cada catro anos no goberno local. De feito, de ter sido o 9 de xuño municipais, habería maioría de socialistas e nacionalistas... A cidadanía sabe que a reurbanización completa, e toda a influencia que vai ter para Ferrol, é para varios mandatos. Sería bo que a actual maioría absoluta de goberno e a oposición pactaran o seu futuro. Ferrol únenos a todos.

Pactar o Sánchez Aguilera

Te puede interesar