Non nos confundamos

stes tres derradeiros anos cambiaron moitas cousas no noso xeito de ver a vida. A Covid-19 demostrounos a pouca cousa que somos con respecto ao planeta, co respecto a vida nel, máis tamén o terríbel danos que estamos a facerlle. A Terra de un xeito o outro, a vida nela vai continuar con nosco ou sen nós e ata que chegue o momento en que o sol eclosione e engulla ao noso planeta, moitas especies pasaran ao largo da súa vida, unhas poucas serán as dominantes e a gran maioría serán as dominadas.


Máis aca na Galiza a pandemia ensinounos o que moitos de nós viñamos avisando desde fai tempo, sobre todo desde a chegada de Nuñez Feijóo (lembranse: So se que había neve) ao goberno da Xunta fai trece anos. Moitos avisabamos de que o sistema sanitario estaba quebrado por mor dos recortes e das privatizacións. O vimos coa pandemia. Centos de nosas maiores mortas en residencias privadas e os hospitais públicos saturados debido a falta de insumos de todo tipo.


É que aprendimos. Pois polo visto o PP nada de nada ou cicais todo de todo. Desde a Covid estamos ver como descaradamente, meteuse unha marcha máis no traspaso de insumos públicos cara os centros sanitarios privados, quer de xeito directo quer de xeito indirecto. Imposibilidade de acceder aos ambulatorios a ser consultado pola medica ou enfermeira, atención telefónica con importantes demoras e non efectiva etcétera.


Fai uns días o persoal das urxencias do CHUF non aguantaron máis e saíron as portas do complexo sanitario, a dicir publicamente, que non poden máis, que están a traballar en unhas condición tremendas case inhumanas, quer para elas como traballadoras quer para os pacientes. Enfermas en camillas horas e horas esperando a que se lles de habitación, persoal a mínimos como norma, habitáculo das urxencias non acorde coa necesidades e podemos seguir.


E que di o gran sustituto: Que están a facer todo o que poden. Pois mire Rueda, cicais se non se senten capaces de solucionar este Kaos que vostedes mesmos crearon, vaianse, dimitan e deixen que o intenten outras.


Xa para rematar, lémbrome cando o confinamento, o apoio que moita xente lle deu ás sanitarias cos aplausos e coa cancioncita do karallo. Eu teño claro que na inmensa maioría era puro postureo. O vimos coas eleccións. Pois agora termos unha vez máis todas nós a capacidade de demostrarlla as nosas profesionais sanitarias o importantes que son, o importante e fundamental do seu traballo de moitos xeitos, máis sobre todo de dous Un sabendo quen son os verdadeiros responsábeis do que está a pasar nas urxencias do CHUF e dándonos de conta do estress ao que deben estar sometidas as sanitarias que ali traballan e dous, dentro dun ano cando depositemos o voto na urna reflexionemos e pensemos, que ao actual governo galego o único voto posíbel é: O de votalos fora da Xunta e de tódalas institucións onde haxa gobernos.

Non nos confundamos

Te puede interesar