sta última semana, o portal de divulgación científica da USC “Gciencia”, publicaba varias novas medioambientais bastante preocupantes, sobre todo unha delas
A primeira é que esta semana a partir do domingo imos entrar nunha nova onda de calor aínda que as expertas nom a queren denominar como vaga. Xa sabemos desde fai un tempo, que Europa quentase e que as ondas de calor serán algo xeneralizado no vello continente, como consecuencia do cambio climático. Nesta nova vaga espéranse temperaturas, de ata 33ºC em zonas da Galiza, sobre todo em Ourense.
A outra nova é, que os grandes depredadores dos océanos, sobre todo do atlántico, van a ver reducido seu habitat, em case un 70%, o cal, iso como todas podemos pensar, vai supor un choque e un colapso moi importante destas especies e deses habitats. O artigo falaba de quenllas atúns ect....
Día a día grazas as investigacións da comunidade científica, coñecemos datos cada vez máis arrepiantes, do futuro que se nos aveciña, sen, quen ten o mando do planeta, refírome os grandes políticos do sistema, estean a fazer os deberes neste tema como é debido, e parece que so se limitan, a fazer e dicir o que ordenan, as grandes elites económicas.
E indubidábel que debemos tomar medidas urxentes. Medidas como reducir ao máximo o uso do carro particular, sobre todo o movido por combustíbeis fósiles, mais tamén o eléctrico. Non se pode reverdecer a mobilidade, em base a destrución dos espazos verdes máis importantes, como vai suceder coa instalación da eólica na Galiza e a solar em zonas do estado español. Debemos apostar por outra mobilidade máis ecolóxica, máis de comunidade como é o transporte público, a bicicleta (incluso eléctrica), camiñar ou os novos xeitos de transportarse, como é por exemplo o patinete
O pasado 17 de agosto conmemorouse como todos os anos desde vai un tempo o día mundial do peón. Un día no que se fala da importancia de fazer cidades camiñábeis, cidades onde as crianzas poidan voltar a xogar, cidades sen fumes, sen atropelos, sen atascos. Porque ademais de todos estes beneficios para a cidadá, tamén van a ser beneficios enormes para o medio ambiente. Debemos de fazer cidades e persoas menos dependentes do carro particular e máis dependentes de unha mobilidade activa, co cal, ademais de ter ganancias medioambientais tamén conseguiremos proveitos físicos e psicolóxicos, xa que, moverse, é todo un rendemento para a saúde.
En definitiva o cambio climático xa empezou fai uns anos e con mais forza da que se esperaban as expertas no tema. É fulcral que a sociedade tome conciencia e actúe, obrigando aos políticos a tomar medidas efectivas, aínda que estas vaian em contra dos grandes lucros empresariais. Medidas como reducir o carro particular e o seu uso, soamente a espazos que sexan necesarios e fazer cidades amigables para o cidadán, porque a situación e o estado de saúde do planeta, di que nom podemos esperar
O exemplo na Galiza xa o termos desde vai uns anos: Pontevedra