Inoculación e palabra que los leva á técnica biolóxica coa que se introduce algo que crecerá e reproducirase nun ámbito vivo á procura dun determinado efecto; caso común do emprego con respecto a inxección de soro sanguíneo, unha vacina ou unha substancia dentro do corpo humano ou dun animal, especialmente para producir inmunidade a unha enfermidade específica.
Velaí o caso das vacinas que nos traen á memoria fresca o combate médico contra a Covid-19 que levou, e aínda continúa a facelo, á práctica totalidade da xente a recibir ata catro doses para enfrontar unha pandemia sanitaria de ámbito planetario que por esta vía buscaba á inmunidade grupal.
Así e todo, a inoculación é unha potente metáfora que nos leva a ollar para un fenómeno sociolóxico: A existencia de estados de opinión pública que paralizan a reacción da xente diante de graves problemas que a todos nos afectan, agora ou nun futuro moi próximo, desviando o interese que evita unha reacción popular fronte a inacción das políticas públicas. Non se trata da utilización en formas actuais da estratexia dos romanos que fixeron uso do “pan e circo” para controlar aos seus súbditos. É algo máis complexo, coa complicidade e fatalismo individual. Vén a ser o efecto Titanic.
As testemuñas que sobreviviron á catástrofe desta mítica embarcación na frías auga do Atlántico, contaron e crearon esa imaxe popular que recrearon historias de ficción e filmes da traxedia do Titanic na que os músicos tocan ata que o barco afúndese, xa perdido irremediablemente.
Unha parte da tripulación vence así o pánico, baila e ri: Aproveita os últimos minutos dunhas vidas cuxo fin é inmediato. Se miramos a esas catro bestas da Apocalipse moderna: O quecemento global, a crecente desigualdade, as crises económicas e a guerra; recorrentes na conversa estendida na poboación e nos ámbitos de reflexión intelectual, malia con todo, a preocupación e a implicación coas que se fala dun colapso, que parece definitivo e inminente, non conduce a ningunha acción concreta, nin sequera ao xesto de compromiso e escándalo que era de agardar fai moi pouco tempo.
Incomprensión dunha crise, da que sabemos mais que non coñecemos, é problema complexo, si. Conxúganse moitos factores.
A falta de politización nas sociedades ricas, adormentadas en niveis de benestar e consumo, á baixa porén superiores ás do terceiro mundo. E, máis importante aínda, o dominio do debate público por grandes grupos de comunicación que crean un estado de opinión pública favorábel ao interese privado, alén da necesidade social. Brincamos nun naufraxio xovial.