Música na concatedral

O contexto é moi importante. Obvio. Tamén é certo que as miñas visitas á Concatedral de San Xiao, digamos, que son recentes. Saben que non son crente, pero si gusto da arte relixiosa. É dicir, son produto das miñas contradicións. Así, observándoa, lévame á aquelas palabras de Eduardo Galeano, que explicaba como o mundo fóra creado polos albaneis. Idea que compartía, de algún xeito, con Rodolfo Ucha que vinculaba toda a súa obra aos artesáns e á sabedoría dos seus oficios.Creo que iso é certo. Que somos unha especie moi destrutiva, pero capaces de levantar todo un mundo novo que dá significado á nosa propia vida. Quizais, o único sentido sexa a transmisión do coñecemento e este alcanza toda a súa potencialidade cando transfórmase en beleza. 


E partir de algo tan básico como a voz humana, aquí no terceiro ciclo de Música Sacra na Concatedral, deixa ás claras que a vontade de querer e ser son as que moven o mundo. 


A proba está no proxecto de García Mato á fronte de Concerto Tempo, na evolución e na calidade adquirida polo traballo constante. Escoitar música sacra neste Templo, entre outros a Haendel nas súas voces, a quen subscribe esta columna prodúcelle un certo síndrome de Stendhal.

Música na concatedral

Te puede interesar