A muralla medieval

A certa o actual goberno municipal cando apoia que os restos da escavación do castro de Esmelle queden en Ferrol. Poñendo, así, en práctica a resolución municipal votada a favor por todos os grupos, a iniciativa do socialista. É evidente que a cidade necesita dun museo municipal arqueolóxico para pór en valor o noso patrimonio cultural.


Tamén é o momento de reverter, aquela actuación do principio do actual mandato municipal, que tan mala imaxe trouxo, como foi o soterramento da muralla medieval. É o momento dun estudio que permita pensar e reordenar ese espazo urbano para recuperar a muralla, que fala dun Ferrol integrado no antigo reino de Galicia, do mesmo xeito que haberá outro – que seguramente ocupou o mesmo territorio – que se remontará á época castrexa.


A Cidade Ilustrada do século XVIII é unha parte fundamental que explica o que somos. Pero, as épocas anteriores necesitan do noso recoñecemento, respecto e posta en valor. Debemos ser fieis ao feitos e completar a nosa historia local. Eses tempos históricos son as capas que dan verdadeiro sentido a esta cidade que está deitada fronte o mar. O noso pasado – íntegro – é a raíz do noso presente, do noso xeito de entender e estar no mundo.

A muralla medieval

Te puede interesar