Miña negra sombra X e final

Aos poucos, fóronse coñecendo máis detalles da fracasada operación especulativa. Tratábase de demoler, mil vivendas, para edificar 2.200, o que supoñía MIL vivendas para especular. Reservaban 200, calculando que sería os que quixeran voltar. Mais incluso aí había trampa, pois nun debate da TV de Ferrol, falando dos problemas da xente maior para saír e volver, un desalmado demoledor dixo: “ Total, dentro de diez años estarán todos muertos”. Finalmente, as casas resistiron e algúns dos presuntos mortos tamén,  Despois de tanto loitar, parece que os veciños poden respirar ata o próximo ataque, pois aínda que non poden derrubalas, deixaranas caer, que ven sendo igual. Pola miña parte, eu sigo baixo da miña particular Negra Sombra, pois ademais das avarías, o 27 de Xaneiro do 2017, sufrín unha caída diante da casa, no mesmo lugar que aquela de 68 anos atrás, que me ocasionou unha fractura na vértebra L1. E agora, despois desa coincidencia, xa penso que é inútil resistir: Sei que vou morrer baixo a “ Negra Sombra do Concello de Ferrol.”

Miña negra sombra X e final

Te puede interesar